viernes, 2 de diciembre de 2011

Un bo agasallo de Nadal

     Ola, benqueridos amantes da artesanía. Agora que se achegan estas datas tan especiais é un bo momento para pensar nos agasallos que lles imos facer ós nosos amigos e familiares. En Caramiña dispoñemos de pezas de artesanía que serven como excelente detalle para os nosos achegados, e, o que tamén é importante, para todos os petos. Lembrade que traballamos principalmente con papel e cartolina, así que contamos con numerosos modelos de libretas, cadernos, axendas, tarxetas de felicitación, marcapáxinas, calendarios... elaborados artesanalmente. Tamén confeccionamos pezas por encargo, para que o agasallo quede totalmente personalizado.
     Esta é unha mostra das nosas portadas de cadernos, axendas ou caixas de CD's:


No hay comentarios:

Publicar un comentario