viernes, 2 de diciembre de 2011

Un bo agasallo de Nadal

     Ola, benqueridos amantes da artesanía. Agora que se achegan estas datas tan especiais é un bo momento para pensar nos agasallos que lles imos facer ós nosos amigos e familiares. En Caramiña dispoñemos de pezas de artesanía que serven como excelente detalle para os nosos achegados, e, o que tamén é importante, para todos os petos. Lembrade que traballamos principalmente con papel e cartolina, así que contamos con numerosos modelos de libretas, cadernos, axendas, tarxetas de felicitación, marcapáxinas, calendarios... elaborados artesanalmente. Tamén confeccionamos pezas por encargo, para que o agasallo quede totalmente personalizado.
     Esta é unha mostra das nosas portadas de cadernos, axendas ou caixas de CD's:


martes, 29 de noviembre de 2011

Un saúdo de benvida

Ola a todos. Este é o blog de Caramiña artesanía. 
Nestas páxinas poderedes atopar todas as novidades que haxa na nosa produción, así como mostras do noso traballo e exemplos de creatividade. Asimesmo, poderedes consultar calquera dúbida que vos vaia xurdindo sobre como se fan as cousas ou cal é a mellor forma de rematalas.

Un saúdo.