|
Detalle de abano pintado en negro e dourado |
Porén, os abanos de man que hoxe coñecemos
teñen unha orixe moito máis recente no tempo e unha procedencia do máis remota.
Dise que o abanico pregable procede de Xapón ou de Corea, e que os grandes
mercaderes occidentais importaron a idea. No século XV comézase a súa
implantación en Europa e fundamentalmente en Francia, onde se comezou a
fabricar un modelo pregable. A época de máximo esplendor foi durante os
reinados de Luís XIV e Luís XV (1638-1770), onde pasou a ser complemento
indispensable da vestimenta de toda dama que se prezase. Daquela a súa fabricación chegou ó extremo do
artificio e da sofisticación, dado que se empregaban materiais de luxo como
pedras preciosas, tafetán de Florencia, sedas, ouro, marfil, prata, etc.
Foi
neste contexto onde xurdiu unha linguaxe secreta vinculada ó abanico, empregada
polas damas da aristocracia para comunicarse cos seus pretendentes e potenciais
amantes coa finalidade de gardar as formas en público e evitar que os demais
coñecesen as mensaxes intercambiadas cos cabaleiros. Este tipo de linguaxe era
útil en ambientes sociais de reunión (concertos, ópera, reunións de festexo)
onde se podían producir os encontros cos amantes aínda que gardando a
discreción máis absoluta. A continuación ensinámosvos algúns dos códigos desta
forma de comunicación.
|
Abano pintado en negro e decorado con pintura dourada |
A linguaxe do abano
1. Abanicarse rapidamente: Ámote con
intensidade
2. Abanicarse lentamente: Abanicarse de forma pausada
significa “son unha señora casada e resúltasme indiferente”. Tamén ten este
significado se se abre e se pecha moi despacio.
3. Pechar despacio: Este
peche significa un “Si”. Se se abre e pecha rapidamente significa:
"Coidado, estou comprometida".
4. Pechar rápido: Pechalo
de forma rápida e amuada significa un “Non”.
5. Caer o abanico: Deixar caer o abano significa: "perténzoche".
6. Levantar os cabelos: Se levanta o pelo co
abano significa que pensa en ti e que non te esquece.
7. Contar variñas:
Se conta as variñas do abano ou pasa os dedos por elas quere dicir que
quere falar contigo.
8. Cubrirse do sol: Significa que es feo e non
lle gustas.
9. Apoialo sobre a fazula: Se se apoia sobre a fazula
dereita significa “si”, e “non” se se apoia sobre a esquerda.
10. Emprestar o abano: Se empresta o abanico ó seu acompañante,
malos presaxios. Se llo dá á súa nai quere dicir: “Despídote, acabouse”.
11. Dar
un golpe: Un golpe co abanico sobre un obxecto significa impaciencia.
12. Suxeitalo
coas dúas mans: Se suxeita o abano aberto con ambas as dúas mans significa “é
mellor que me esquezas”.
13. Cubrir os ollos: Co abanico aberto,
significa “Quérote”. Se se cubre o rostro pode significar “Coidado, aséxannos”.
14. Pasalo
polos ollos: Significa “síntoo”. Se pecha o abano tocando os ollos quere dicir
“Cando te podo ver?”.
|
Mostra dunha ilustración decimonónica con exemplos da linguaxe do abanico |
15. Abrir o abano e mostralo: Significa “Pódesme agardar”.
16. Cubrir
a cara: Cubrir a cara co abano aberto significa: “Sígueme cando marche”.
17. A
medio abrir: Apoiar o abano a medio abrir sobre os beizos quere dicir “Pódesme
bicar”.
18. Apoiar os beizos: Se apoia os beizos sobre o abano significa
desconfianza.
19. Pasalo pola fazula: Significa “Estou casada”.
20. Escorregalo
sobre os ollos: Significa: “Marcha, por favor”.
21. Man esquerda: Levalo na man esquerda quere dicir: "Desexo coñecerte". Movelo coa man esquerda significa: "Obsérvannos".
22. Man
dereita: Levalo ou movelo coa man dereita significa: “Amo a outro”.
23. Pasalo
dunha man a outra: Significa “Estás flirteando con outra” ou “Es un
atrevido”.
24. Xiralo coa man dereita: Significa “Non me gustas”.
25. Tocar
a palma da man: Quere dicir “Estou pensando se te quero”.
26. Sobre o
corazón: Apoiar o abano aberto sobre o corazón ou o peito quere dicir: “Ámote”
ou “Sufro polo teu amor”.
27. Darse na man esquerda: Darse un
golpe co abano pechado na man esquerda significa “Ámame”.
28. Mirar
debuxos: Mirar os debuxos do abano quere dicir: “Gústasme moito”.
29. Baixalo
á altura do peito: Significa “Podemos ser amigos”. Tamén deixalo pendurado
quere dicir “Seremos amigos”.
30. Pechalo sobre a man esquerda:
Quere dicir “Casarei contigo”.
31. Sairei: Poñerse no balcón co abano
aberto ou saír ou entrar no balcón abanicándose.
32. Non sairei:
Deixarse o abano pechado no balcón, saír ou entrar no balcón co abano pechado.
33. Arroxar
o abano: Quere decir “Ódiote” ou “Adeus, acabouse”.
34. Presentalo pechado: Significa “Quéresme?”.
35. Sobre
a orella: Na esquerda “Déixame
en paz non quero saber nada de ti”. Na dereita “Non reveles o noso segredo”.
36. Contar
ou abrir certo número de variñas: Indica a hora para quedar nunha cita, en
función do número de variñas abertas ou “tocadas”.
|
Abanico pintado en vermello con aplicacións de foil de prata |
Esta linguaxe caeu en desuso, mais os abanos seguen
sendo un elemento moi útil para refrescarse no verán. En Caramiña Artesanía ofrecémosvos uns modelos pintados, decorados e
vernizados enteiramente a man para esparexer a calor deste tempo. Esperamos que
vos gusten e lembrade que todos os modelos se poden personalizar ó voso gusto.