En Caramiña queremos propoñer unha alternativa ás tradicionais tarxetas de felicitación, por iso ofrecemos distintos modelos de tarxetas feitas enteiramente a man e cun deseño diferente en cada unha delas. Empregamos para decoralas cintas de organza e raso, flores prensadas e follas secas, combinándoas con diferentes cores de papel e cartolina. Nesta ocasión ofrecémosvos unha mostra de tarxetas cadradas, feitas con papel mi-teints dun 50% de algodón, especialmente indicado para escribir con pluma xa que é moi absorbente.
Estes modelos son un simple exemplo pois as posibilidades de combinación son case infinitas. E poden servir tanto para felicitar estas datas como para festexar calquera outra ocasión especial (vodas, bautizos, comunións, aniversarios...).
Esperamos que vos gusten.

No hay comentarios:
Publicar un comentario